Armando Barullo Podcast

Dende o Armando Cotarelo Valledor estreamos Armando Barullo Podcast, unha viaxe sen GPS entre alumn@s e profes onde damos renda solta as nosas gañas de contar historiascasi reais, trucos inverosímiles, opinións sen fundamento e todo o que pensamos que poida ser de interese para vós.

E como non queremos que isto sexa unha sorte de comuna dixital baseada nun nepotismo  autofagocitante, invitámosvos a participar no podcast, xa sexa con seccións propìas, con mensaxes de apoio ou invitándonos a un bocata/napolitana na cafetería.

A cambio, poderedes contar coa nosa indocumentada opinión sobre todo tipo de temas, dende tecnoloxía cuántica á cociña pxsicodélica, pasando por deportes, consellos de supervivencia no mundo virtual e chismecitos diversos de dubidosa veracidade. 

Ademáis, como só hai que escoitar, podédesvos poñer o podcast mentres lle botades un ollo ó IG, xogades o Clash ou incluso durmindo unha inmerecida sesta!

Desafíando ó tempo, ó sistema, ás trabas tecnoloxicas e ata a nosa notable carencia de habilidades comunicativas, plantámonos diante de vós dispost@s a facernos un oco entre os máis grandes da podcastfera! 🙂

Primeira temporada

01×00 – Piloto

Benvid@s ó primeiro episodio de Armando Barullo Podcast, a túa porta ás novas, análises e chismorreos sobre o mundo en xeral e o instituto en particular. Non te perdas nin unha soa novidade sen necesidade de fundilos datos do teu móbil. 

No programa de hoxe veremos: 

  • Actividades más destacadas dos vindeiros días no insti
  • Análise dun clásico absoluto do manga
  • Entrevista cara a cara con Alicia Rodríguez, para resolver as dúbidas máis inconfesables que poidas ter sobre a teu vindeiro erasmus
  • Novidades no mundo dos videoxogos
  • Sección de cociña recén saída do forno do mestre da psicodelia dixital.

Non che perdas o episodio! podería selo derradeiro! 😀

01×01 – Capítulo 01

Despois da resposta masiva ó episodio piloto, seguimos adiante co podcast e, aínda que sabemos que botaredes en falta ós nosos M&Ms do videoxogo e a exquisita mistura de cine e cociña do mestre Ikenna, non vos preocupedes porque axiña han de estar de volta

No programa de hoxe veremos: 

  • Actividades más destacadas dos vindeiros días no insti
  • Recomendación doutro clásico absoluto do manga cunha nova incorporación a nosa plantilla
  • Entrevista Erasmus a cara de can con dous homes e un destino. Portugal agarda!
  • Crónica do primeiro Torneo de mecanografía do Armando Cotarelo Valledor. Unha oda ó suspense, ó drama e a superación persoal!

Quen quera colaborar, só se ten que por en contacto con nosco a través do email armandobarullopodcast@gmail.com indicando no asunto *Colaboración ABP* . Búscanse colaboración nas seccións de deportes, humor, cotilleos e case todo o que se vos ocurra.

Non che perdas o episodio! podería selo derradeiro! 😀

Scroll ao inicio