Concurso Young Business Talents (YBT)

O pasado 19 de abril o equipo ANGELSKIN participou na final nacional en Madrid do cuncurso Young Business Talents (YBT) representando ao IES Armando Cotarelo Valledor.

O concurso consistía na toma de decisións no ámbito empresarial, baseada en estratexias non dominantes (onde as decisión da competencia inflúen nas decisións que tomará a nosa empresa) sobre as diferentes variables do marketing mix (prezo, produto, distribución e promoción) en mercados oligopolistas (mercado dominado por poucas empresas).

O concurso é unha simulación da actividade empresarial no que se toman decisións para maximizar os beneficios, considerando os custos e tomando decisións sobre as diferentes variables económicas.

Dun total aproximado de 3.765 equipos a nivel nacional, 100 chegaron á final.

ANGELSKIN proclamouse campión do seu grupo quedando entre os 20 primeiros de toda España.

Scroll ao inicio