O noso centro incorpórase ao Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía, STEMbach, no curso 2024/2025

O noso centro únese ao programa STEMbach, unha iniciativa que ofrece ao alumnado unha formación avanzada en Ciencia e Tecnoloxía.


🔬 Funcionamento do STEMbach

O alumnado que se incorpore ao Bacharelato STEM:

  • Cursará unha materia de afondamento extracurricular do ámbito STEM: Iniciación á experimentación nas Ciencias da Saúde. Esta asignatura terá lugar semanalmente os mércores e xoves de 8:10 a 9:00.
  • Participará en actividades complementarias como:
    • Visita a unha bodega.
    • Obradoiros de expresión e comunicación.
    • Visita aos servizos de apoio á investigación (CACTUS) da Universidade de Santiago.
    • Competición de Robots da Escola de Enxeñería (Vigo).
    • Feira científica Galiciencia.
  • Desenvolverá un Proxecto de Investigación en colaboración coas Universidades galegas.

🧪 Proxectos que se están desenvolvendo no bienio 2024/2026

  1. Causas da variación das cores da concha en poboacións naturais de Littorina saxatilis.
  2. Algoritmo Page Rank (Cómo funciona Google).
  3. Enxeñaría Creativa: Constrúe o teu propio LEGO con pezas libres.
  4. As Cores da Química.
  5. Coñecendo as neuronas con anticorpos.
  6. Xeración de novas neuronas no sistema nervioso.
  7. Guardiáns do cerebro: explorando a influencia do sistema inmunitario no desenvolvemento de tumores e enfermidades neurodexenerativas.

🔗 Enlace ás páxinas web das universidades

Scroll ao inicio