
Unha das nosas liñas de traballo no Club de Ciencia é a de horto escolar. Nela comezamos deseñando o horto e acondicionando o espazo, logo montamos os composteiros e bancais necesarios para comezar a plantar e, agora que empezamos a recoller as primeiras colleitas, deunos por facer un estanque. Como vedes, a cabeza non para!
A propia natureza da liña de traballo fai que cada sesión sexa diferente á anterior, así que, para que todxs nos enteremos do que se vai facendo, pareceunos que podía ser boa idea escribir unha bitácora cos avances realizados en cada sesión. Tédela dispoñible neste documento, e tamén no blog do Club de Ciencia.