O Departamento de Economía organizou distintas charlas divulgativas durante esta avaliación dirixidas especialmente para o alumnado de 2º de bacharelato.
Dende a Universidade de Vigo visitounos o profesor Emilio Roselló, da Facultade de Comercio, que impartiu as charlas “A innovación na empresa: os modelos de negocio na era dixital” e “Marketing 4.0: a mercadotecnia na era dixital”. O ponente faloulles, entre outros contidos relevantes, de como a hiperconectividade permite xerar novos modelos de negocio ou de como as empresas mudaron a forma de comunicarse co seu público obxectivo. Fantásticas ponencias con moi boa acollida!
Dende a Universidade de Santiago de Compostela visitounos a profesora Pilar García, da Facultade de Económicas, para impartir a charla “Economía circular e novos modelos de negocio”. O alumnado tivo ocasión de profundizar nos conceptos de sostenibilidade e economía circular, e coñecer como as empresas crean novos modelos de negocio a partir das 7Rs. Grazas pola participación!



