O xoves 16 o Departamento de Economía organizou, dentro do Programa Atrévete, unha actividade para o alumnado de 2º ESO. Os alumnos e alumnas visitaron a empresa ARTESA RÍAS BAIXAS, S.L. ubicada no Polígono de Barro-Meis. Puderon ver de primeira man en que consiste a actividade da empresa: o procesamento e distribución de mariscos das rías galegas e outros produtos, principalmente adicados á restauración, contando con ata 7.000 referencias distintas.
Os anfitrións, Mar e Ángel, guiaron ao noso alumnado polas distintas instalacións, amosándolle os procesos en cada área e agasallándoos coa degustación duns xeados na zona de comedor.




