O IES Armando Cotarelo Valledor acada o terceiro posto no premio “Tolerancia cero frente ao acoso escolar”.
Este galardón ten como obxectivo recoñecer o compromiso e o labor dos centros educativos na loita contra situacións contrarias á convivencia escolar, promovendo a participación do alumnado en programas que estimulen a súa implicación no respeto aos dereitos humanos individuais e sociais a través de accións concretas de loita contra o acoso e ciberacoso escolar e de coidado e acompañamento das víctimas.
No noso centro isto faise a través dos nosos Equipos de Axuda, en funcionamento xa dende o ano pasado. Gracias ao alumnado e profesorado implicado!
Ligazón da resolución publicada: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/45568