No BOE do 20 de marzo saíu publicada a convocatoria das becas MEC de carácter xeral para o vindeiro curso 2025/26 dirixidas ao alumnado de ensinanzas postobrigatorias:
- BACHARELATO,
- FP grao básico, medio e superior,
- Curso de acceso e preparación para probas de acceso á FP,
- Ensinanzas artísticas profesionais e superiores,
- Ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais,
- Ensinanzas deportivas,
- Estudos relixiosos superiores,
- Universidades.
O prazo de solicitude é do 24 de marzo de 2025 ás 08:00 ata o 14 de maio de 2025, ás 15:00, hora peninsular, ambos inclusive, a través da Sede Electrónica do Ministerio
É un prazo de presentación de solicitudes único, xa que non haberá outro con posterioridade. Hai que solicitar a bolsa aínda que non se saiban as notas deste curso ou que estudos se van a realizar. Os datos provisorios poderanse modificar despois.