Formación dos equipos de axuda no Cotarelo

Os nosos Equipos de Axuda de 1º, 2º e 3º da ESO participaron as mañás do xoves 14 e do venres 15 nunha formación na que aprenderon sobre a convivencia e o conflito, empatía e escoita activa, a percepción no conflicto, comunicación verbal e non verbal e os estilos de comunicación. Ditos equipos están formados por un total de 40 alumnos e alumnas e por 13 profesores e profesoras que servirán de referente nas aulas na resolución de pequenos conflictos, o apoio e acompañamento dos iguais e a acollida de novo alumnado no centro.

Scroll ao inicio