O alumnado de 2º da ESO colabora na limpeza das praias de Sobradelo

Un grupo de alumnos e alumnas de 2º da ESO do IES Armando Cotarelo Valledor participou nunha xornada de limpeza ambiental nas praias de O Castelete e Canelas, na parroquia de Sobradelo. Esta actividade, promovida polo centro educativo en colaboración coa Asociación Chelonia e co apoio do Concello de Vilagarcía, permitiu recoller máis de 200 kg de residuos.

Antes do traballo nos areais, o alumnado asistiu no instituto a unha charla sobre a problemática do lixo mariño e o seu impacto nos ecosistemas. Xa nas praias, recolléronse principalmente restos de redes e utensilios procedentes da actividade pesqueira, así como escombros, plásticos, roupa e ata un pneumático. A empresa Urbaser reforzou os medios habituais coa instalación de contedores, sacos e unha carpa para facilitar a clasificación e xestión dos residuos.

Durante a xornada, os estudantes asumiron un papel activo tanto na limpeza como na organización dos grupos e na xestión dos descansos, amosando unha actitude comprometida e exemplar. A actividade contou tamén coa presenza da concelleira de Medio Ambiente, Tania García, que destacou o valor educativo da iniciativa como ferramenta para fomentar o reciclaxe e a conciencia ecolóxica entre a mocidade. Tamén participaron representantes do sector marisqueiro, como o patrón maior de Vilaxoán, Joaquín Santos, e o presidente da agrupación de mariscadoras a pé, José Gómez.

Repercusión na prensa:


Scroll ao inicio