Esta semana o alumnado de Empresa e Deseño de Modelos de Negocio (EDMN), de 2º BAC, tivo a oportunidade de visitar a sede corporativa de Inditex, en Arteixo.
Percorreron as instalacións visitando distintos centros de operacións como, por exemplo, o centro de Zara hombre, onde nos explicaron máis polo miúdo o modelo de negocio e tiveron a oportunidade de ver as tendencias da vindeira tempada!
Tamén visitaron as áreas de deseño e confección e a sede de Zara.com, entre outras. Foi unha experiencia moi enriquecedora!


