Esta semana as alumnas e alumnos de 2ºESO visitaron as instalacións dos Astilleros NODOSA, en Marín. Esta actividade foi organizada polo Departamento de Economía dentro do Programa Atrévete (Plan Eduemprende) e coa colaboración da Asociación de Xóvenes Empresarios de Pontevedra.
Coñeceron a historia desta empresa, que cumpre os seus 50 anos de actividade, centrada principalmente na construción e transformación de buques, e especializados en tarefas de alongamento de buques. Toda unha obra de enxeñería naval!
Tamén tiveron a ocasión de visitar o arsenal da man do xefe de soldadores e coñecer sobre o terreo as tarefas que se desenvolven: soldadura, caldeirería, tubaxe, pintura, carpintería,..
Moitas grazas a Rafa Outeiral e ao resto do persoal pola súa atención.




