Adultos

A oferta pública de educación de persoas adultas, gratuíta e de calidade, fai posible que as persoas adultas poidan adquirir, actualizar, completar ou ampliar os seus coñecementos e aptitudes para o desenvolvemento persoal e profesional.  A través das ensinanzas de adultos conséguese:

  • Actualizar a formación básica e acceder aos diferentes niveis do sistema educativo.
  • Mellorar a cualificación profesional ou adquirir unha preparación para o exercicio de outras profesións.
  • Adquirir novos conceptos, técnicas e habilidades para unha mellor adaptación aos cambios do mundo actual.
  • Desenvolver a capacidade de participación na vida social, cultural, política e económica e o exercicio da cidadanía democrática.
  • Reducir o risco de exclusión social, especialmente dos sectores máis desfavorecidos.
  • Responder adecuadamente aos desafíos que supón o avellentamento progresivo da poboación asegurando ás persoas de maior idade a oportunidade de incrementar e actualizar as súas competencias. 

Máis información sobre a educación para adultos na Xunta de Galicia

Scroll ao inicio