O pasado xoves 6 de febreiro, os alumnos de 2º de FP básica de informática e o alumnado de 1º do ciclo medio de sistemas microinformáticos e redes, foron visitar o Centro de supercomputación de Galicia, así como o Centro singular de investigación en tecnoloxías intelixentes situados ambos en Santiago de Compostela.
Ambos organismos destacan pola súa labor investigadora no campo das novas tecnoloxías, axudando entre outras cousas a industria galega na incorporación de coñecementos técnicos e búsqueda de solucións 4.0.
Aquí tedes unha imaxe da visita ao CITIUS.
