Visita ó museo do videoxogo (MUVI)

O 18 de xaneiro visitamos o Museo do Videoxogo (MUVI) en Cangas. Os segundos cursos de DAM, DAW e ASIR puideron disfrutar dun interesante percorrido pola evolución dos videoxogos desde os anos setenta do seculo pasado ata o presente. As visitas teñen unha duración estimada de noventa minutos e a temática pode adaptarse lixeiramente en función dos obxectivos divulgativos e educativos. Durante esta hora e media de visita os guías do museo contáronos a historia das diferentes xeracións de consolas, a súa influencia na cultura popular e tamén algunhas anécdotas curiosas.

A exposición conta con artigos de todo tipo, desde a primeira consola da historia, a Magnavox Oddysey de 1972, ata a última Play Station ou XBox. Tamén se poden ver videoxogos para ordenador e unha pequena variedade de máquinas recreativas.

Despois da visita guiada puidemos probar e disfrutar unha selección de videoxogos de produción galega, algunhas máquinas recreativas e moitas consolas de diferentes xeracións. Tamén puidemos entrar nunha habitación que contén un montón de artigos representativos da década dos 80 do século pasado.

Scroll ao inicio