Aberto o prazo de solicitude de becas Erasmus para prácticas en Europa. Requisitos:
- Ser titulado en CM ou FPBásica
- Alumno do IES Cotarelo titulados no curso 22-23
- Ter máis de 18 anos
- Obter 5 puntos ou máis no proceso de selección
Remitide as vosas solicitudes ao enderezo cotareloerasmus@gmail.com incorporando o voso nome completo, datos de contacto e titulación. RECEPCIÓN DE SOLICITUDES DO 2 AO 30 DE NOVEMBRO.
Se es titulado en CM ou en FPBásica e tes máis de 18 anos, podes optar a unha beca Erasmus de longa estadía de entre 90 e 180 días. O Consorcio de Pontevedra busca as empresas e xestiona o abono das becas, ademais de asegurarvos e prepararvos lingüisticamente antes de marchar de prácticas. A vosa formación será recoñecida e validada a través do Europass. Ademais, contactaredes con outros titulados que van ao mesmo destino que vos elixistes, o que vos vai facilitar a vosa estadía.
Podedes elixir o país da UE que vos apetece aínda que a oferta máis ampla de empresas está en Italia, Portugal e Malta
Logo da recepción de solicitudes (lembrade, nome completo, datos de contacto, titulación), convocaranse as entrevistas de selección.
Os criterios de selección son:
Asistencia ás clases lectivas e conducta (ata un máximo de 1 punto)
Expediente académico (ata un máximo de 2 puntos)
Coñecemento de idiomas (ata un máximo de 2 puntos)
Méritos (ata un máximo de 1 punto)
Entrevista persoal (ata un máximo de 2 puntos)
Tipoloxía de alumnado (2 puntos)