Erasmus days

Con ocasión dos Erasmus Days, convocados a través do SEPIE, a Axencia Nacional Erasmus, o alumnado de 2º de ciclos formativos do IES Cotarelo participaron nunha charla coloquio onde coñeceron as oportunidades que as becas Erasmus lles traen. Nesta xornada contouse coa colaboración de Alberto Nogueira, coordinador Erasmus do IES Asorey e de 2 dos seus alumnos que disfrutaron dunhas prácticas Erasmus en Malta durante o curso pasado. Na charla faláronse de destinos, requisitos, tipos de becas e, o máis importante, os consellos e recomendacións dos estudantes que viviron a experiencia Erasmus.

8 meses en Malta cunha beca Erasmus e traballando nunha empresa do sector. Grazas ás oportunidades do programa Erasmus o noso alumnado de ciclos pode optar a esta experiencia ou a realizar as súas prácticas en empresas italianas, alemás, gregas, lituanas ou estonias. De todo isto se falou con ocasión dos Erasmus Days, que buscan difundir e animar á participación dos estudantes de FP de tódolos niveis, dende a Básica ata os Ciclos Superiores. Na charla, participaron tamén o coordinador Erasmus do IES Asorey, Alberto Nogueira, e 2 dos seus alumnos, que contaron as vivencias que acumularon grazas ás estadías Erasmus.

Scroll ao inicio