Programa Observa_Accion

O programa Observa_Acción terá unha duración de dous cursos académicos e desenvolverase en catro fases (dúas en cada ano lectivo)

1. Observa_Acción. Fase Intracentros (Comparte) entre docentes do mesmo centro educativo.

2. Observa_Acción. Fase Intercentros (Acolle) dirixida a equipos de docentes de varios centros de todo o ámbito da comunidade autónoma de Galicia.

3. Observa_Acción. Fase Estatal (Conecta)  colaboración entre diferentes comunidades autónomas adheridas ao plan

4. Observa_Acción. Fase Europea (Internacionaliza)   experiencia de Observa_Acción visitando un centro educativo dun dos países socios europeos.

Os obxectivos que se perseguen con este programa son os seguintes:

• Experimentar novas vías de formación do profesorado e favorecer a innovación educativa nos centros educativos de Galicia, e colaborar con centros doutras comunidades autónomas e/ou países de ámbito europeo.

• Facilitar ao profesorado e aos membros do equipo directivo dun mesmo claustro a posibilidade de observar de forma directa metodoloxías nos procesos de ensino-aprendizaxe, xeitos de relación e comunicación, ou vías de xestión dos recursos propios e alleos.

• Fomentar o traballo en equipo de grupos de profesores/as, establecendo así vías de comunicación para o intercambio de boas prácticas, a reflexión e a formación metodolóxica

• Favorecer a internacionalización dos centros educativos, ofrecendo a posibilidade de levar a cabo proxectos con outras Comunidades Autónomas e/ou países

• Aplicar e revisar protocolos de observación de práctica docente e potenciar accións metodolóxicas innovadoras para a mellora dos procesos de aprendizaxe do alumnado.

Ligazón á convocatoria: Observa_Acción

Scroll ao inicio