
Dende o Armando Cotarelo Valledor estreamos Armando Barullo Podcast, unha viaxe sen GPS entre alumn@s e profes onde damos renda solta as nosas gañas de contar historiascasi reais, trucos inverosímiles, opinións sen fundamento e todo o que pensamos que poida ser de interese para vós.
E como non queremos que isto sexa unha sorte de comuna dixital baseada nun nepotismo autofagocitante, invitámosvos a participar no podcast, xa sexa con seccións propìas, con mensaxes de apoio ou invitándonos a un bocata/napolitana na cafetería.
A cambio, poderedes contar coa nosa indocumentada opinión sobre todo tipo de temas, dende tecnoloxía cuántica á cociña pxsicodélica, pasando por deportes, consellos de supervivencia no mundo virtual e chismecitos diversos de dubidosa veracidade.
Ademáis, como só hai que escoitar, podédesvos poñer o podcast mentres lle botades un ollo ó IG, xogades o Clash ou incluso durmindo unha inmerecida sesta!
Desafíando ó tempo, ó sistema, ás trabas tecnoloxicas e ata a nosa notable carencia de habilidades comunicativas, plantámonos diante de vós dispost@s a facernos un oco entre os máis grandes da podcastfera! 🙂
Primeira temporada
01×00 – Piloto
Benvid@s ó primeiro episodio de Armando Barullo Podcast, a túa porta ás novas, análises e chismorreos sobre o mundo en xeral e o instituto en particular. Non te perdas nin unha soa novidade sen necesidade de fundilos datos do teu móbil.
No programa de hoxe veremos:
- Actividades más destacadas dos vindeiros días no insti
- Análise dun clásico absoluto do manga
- Entrevista cara a cara con Alicia Rodríguez, para resolver as dúbidas máis inconfesables que poidas ter sobre a teu vindeiro erasmus
- Novidades no mundo dos videoxogos
- Sección de cociña recén saída do forno do mestre da psicodelia dixital.
Non che perdas o episodio! podería selo derradeiro! 😀
