Outubro 2023

Erasmus days

8 meses en Malta cunha beca Erasmus e traballando nunha empresa do sector. Grazas ás oportunidades do programa Erasmus o noso alumnado de ciclos pode optar a esta experiencia ou a realizar as súas prácticas en empresas italianas, alemás, gregas, lituanas ou estonias. De todo isto se falou con ocasión dos Erasmus Days, que buscan difundir e animar á participación dos estudantes de FP de tódolos niveis, dende a Básica ata os Ciclos Superiores. Na charla, participaron tamén o coordinador Erasmus do IES Asorey, Alberto Nogueira, e 2 dos seus alumnos, que contaron as vivencias que acumularon grazas ás estadías Erasmus.

Erasmus days Read More »

Scroll ao inicio